Medio cento de sendeiristas de Pasada das Cabras de Burela desprazáronse este sábado 7 de marzo a Santaballa (Vilalba) para percorrer a ruta que a Asociación Amigos da Liga Santaballesa ten perfectamente sinalizada na localidade. Antes de comezar a camiñata, o presidente da Liga Santaballesa, Isidro Cillero, explicou o inxente traballo desenvolto pola Liga empezando pola recuperación da Escola Habanera de Santaballa (primeiro centro do mundo en impartir lingua e gramática galega), así coma a posta en valor do patrimonio arqueolóxico do municipio, que inclúe a recreación dun poboado castrexo con medoñas e diferentes elementos, onde recibiron as oportunas explicacións que axudan a entender o que se visita na ruta: Medoña de Estelo, xacementos do paleolítico coma o Acubillo de Pena Grande, varios muíños restaurados xunto ó río e para finalizar a Pedra Chantada, un dos poucos Menhires da idade de Pedra conservados en Galicia. Trala ruta, os participantes repuxeron forzas cunha suculenta comida no restaurante Naseiro de Santaballa. Por todo o anterior, Pasada das cabras agradece toda a colaboración ofrecida polos amigos da Liga Santaballesa, e o esforzo que realizaron tanto para acondicionar a ruta renovando a sinalización e demáis, coma acampañando e sirvindo de guías ós participantes na mesma.
























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



