CADERNOS DA VIAXE. Outravolta xuntáronse os gobernos catalán e vasco (a primeira vez foi en decembro) para avaliar o implacábel proceso de recentralización desenvolvido por Rajoy desque chegou ao Goberno do Estado. E os seus voceiros chegaron dicir que o PP estaba a destruir o autogoberno deseñado nos Estatutos de Autonomía.
Rajoy está a rematar unha silente e trampulleira reforma constitucional, blindada pola absoluta parcialidade do árbitro, pois que un partido que desfruta de maioría absoluta nas dúas Cámaras estatais nomea ao seu xeito ao Tribunal Constitucional, como de feito fixo o PP nesta lexislatura.
Velaí a recentralización de contidos e o empoderamento do castelán no ensino da contrareforma educativa da LOMCE. A desmontaxe de moitos dos standares de calidade ambiental e control administrativo en beneficio dos consumidores da Lei de unidade de mercado ou a adopción da licenza deportiva única contra do criterio de case todo o mundo federativo galego. Xunto co desapoderamento dos concellos en beneficio dunhas Deputacións concibidas como ferramentas favorecedoras da privatización a prol de grandes grupos empresariais estatais e da igualación por abaixo dos servizos públicos locais.
A recentralización ten claros gañadores e perdedores. Gañan as elites madrileñas no seu proceso de hexemonización da intermediación financeira, das concesións dos servizos públicos e do espazo comunicacional de todo o Estado, como ven de definir a xeito Suso de Toro nun seu recente artigo. E perden a calidade dos servizos públicos, as empresas locais, nomeadamente as pemes e as posibilidades de espazos territoriais que tenten desenvolver con políticas de proximidade os intereses da cidadanía e dos consumidores, o desenvolvemento sostíbel e a saúde ambiental.
Galicia sofre este proceso moito máis ca Euskadi ou Catalunya, que posúen ferramentas empresariais, políticos e sociais que nós non temos. Galicia representa só o 5% do PIb e o 6% da poboación estatal e depende duns alicerces económicos que para o Estado son prescindíbeis. Velaiquí que os recurtes do seu autogoberno se traduzan de xeito directo en perda de tecido empresarial e de benestar para a súa cidadanía.
Xoán Antón Pérez-Lema




















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



