A recente sentenza do Supremo que reafirma a ilegalidade do permiso que Fraga e Feijóo deron a Touriñán, únese á que en 2012 fallou o TSXG sobre a piscifatoría de Rinlo. Dúas actuacións ilegais que custaron ao erario público 1.780.000€.
Chafallada administrativa ou escandaloso trato de favor?
Na súa recente sentenza sobre Touriñán, o Supremo calca os argumentos que o TSXG, a denuncia de ADEGA, usou para anular en 2012 a planta de rodaballo de Álvarez-Cascos en Rinlo (Ribadeo). O permiso dado a ambos proxectos pola administración Fraga en 2005, na que Feijóo era vicepresidente, foi nulo de pleno dereito dada a afección ambiental “inaceptábel”.
As dúas instalacións, fillas do Plano Sectorial de Parques de Tecnoloxía Alimentaria aprobado en 2005 polo governo Fraga en funcións, tiñan unha importante afección sobre hábitats da Rede Natura 2000 considerados prioritarios. Esta cuestión foi obviada ou directamente falseada pola Xunta nas súas resolucións, como recoñeceu o tribunal. Foi o principal motivo para que a planta de Rinlo, promovida por Acuinor (propiedade do curmán de Álvarez-Cascos, Ramón) fora anulada en 2012 despois dun recurso contencioso de ADEGA; e é tamén o argumento que o Supremo vén de usar para confirmar a legalidade da anulación que o bipartito fixo do proxecto de Pescanova para Touriñán.
Resultado: a ilegal actuación da Xunta do PP custou ao erario público 689.000€ no caso de Rinlo (Acuinor pedía 7,3 millóns) e 1.090.000 no de Touriñán (Pescanova pedía 9 millóns), polas indemnizacións que os tribunais condenaron a pagar á administración en conceito de compensación ás empresas polos investimentos e gastos feitos.
Crónica dunha desmontaxe lexislativa planificada
As facilidades lexislativas que dende un principio os governos do PP deron á acuicultura industrial non teñen precedentes en ningún país europeo. Para facilitar as instalacións das macropiscifatorías en solo rústico de especial protección, mesmo sobre espazos protexidos, modificouse ad hoc a Lei do Solo 9/2002. Este trato de privilexio, todo un agravio comparativo para outros sectores produtivos, persiste no novo borrador que o PP vén de apresentar no Parlamento.
En 2010 eliminouse a necesidade de adatarse ao Plano do Litoral (POL) dos planos sectoriais xa en marcha (caso do acuícola ou o eólico) e en 2011 eliminouse a tramitación ambiental dos proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal que afectaran a un só concello, antes obrigatoria, para facela discrecional: é o caso da planta de Touriñán ou do convenio urbanístico de Barreiros (anulado despois polo TSXG a demuncia de ADEGA).
Tamén en 2011 a Xunta declarou a acuicultura como “utilidade pública de primeira orde” para permitir ás empresas do rodaballo ocupar espazos da Rede Natura con hábitats prioritarios (Touriñán, Rinlo…), e deste xeito pontear o artigo 6.4 da Directiva 92/43 CE:
Art. 6.4 da Directiva 92/43 CEE: […] No caso de que o lugar considerado albergue un tipo de hábitat natural e/ou unha especie prioritarios, unicamente poderanse alegar consideracións relacionadas coa saúde humana e a seguridade pública, ou relativas a consecuencias positivas de primordial importancia para o medio ambiente, ou ben, outras razóns imperiosas de interese público de primeira orde. Neste último caso, através da canle correspondente, haberá que consultar, previamente, á Comisión Europea.
Finalmente, o Plano Director da RN2000 aprobado o pasado 2014 consolida unha Rede Natura a medida dos interses acuícolas, eólicos, mineiros, etc. con inxustificadas ausenzas e “ocos” á medida (como o da Laxe Brava para a piscifatoría de Corrubedo ou o do Foxo Longo, en Ribadeo-As Catedrais). O publicitado documento abusa da discrecionalidade e das excepcións para permitir construir piscifatorías, incineradoras, autoestradas, concentracións parcelarias e aumentar a edificabilidade nun 50% nas zonas de máxima protección ambiental.
Os amigos do poder sempre gañan
Sexa como for, a patronal acuícola amiga do poder de turno (xa sexa Pescanova ou Álvarez-Cascos) sempre gaña: Se un governo autoriza piscifatorías ilegais en espazos protexidos, xenerosamente subvencionadas cun 50% de fondos públicos, e ninguén denuncia, negocio redondo.
Se pola contra, os tribunais anulan estes proxectos por denuncia de terceiros (ADEGA no caso de Rinlo e Touriñán), ou son desbotados por outra administración que aplica a lei (bipartito) as empresas tamén gañan en conceito de “compensacións” (689.000€ no caso de Rinlo e 1.090.000€ no de Touriñán) mesmo sen ter posto unha soa pedra das súas instalacións.
En calquera caso, a cidadanía sempre perde e acaba pagando, literalmente, as ilegalidades cometidas pola administración









O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



