O candidato á Alcaldía de Foz de Foz Plataforma de Futuro, Luis Alfonso Sixto, e membros de FPF tiveron varias xuntanzas esta fin de semana pasada para interesarse polos problemas no sector pesqueiro.
Mantiveron unha reunión co patrón maior e cos mariñeiros cun denominador común, a necesidade de conseguir unha ampliación do cupo pesqueiro e os baixos prezos.
Tratáronse os casos da xarda e do chicharro e da necesidade de que a Administración escoite ao sector.
Neste último ano viron como se lles volvía a reducir o cupo un ano mais.
Así mesmo mostraron o seu malestar xa que a fecha de hoxe teñen ainda sin cobrar o tempo que estiveron parados no mes de novembro do ano pasado por mor dun paro biolóxico aprobado no B.O.E.
Foz, Plataforma de Futuro e o seu candidato á Alcaldía de Foz, Luis Alfonso Sixto, comprométese co sector pesqueiro a ser a súa voz, e si vai adiante a manifestación en Santiago prevista para este vindeiro sábado para reivindicar as súas demandas, nós alí estaremos, co sector da pesca da Foz.