Desde que os populares galegos tivemos coñecemento da problemática que afectaba a algúns emigrantes retornados puxémonos mans á obra na procura de solucións, con xestións ao máis alto nivel impulsadas tanto polo Presidente da Xunta como pola conselleira de Facenda. Foi sempre un asunto complexo, xa que mentres un 67% destes emigrantes cumpriron as súas obrigacións fiscais (segundo datos da Axencia Tributaria relativos ao IRPF do ano 2008) outros, non tiñan declaradas as súas pensións do estranxeiro, sen ningún ánimo de ocultalas.
Nunca consideramos xusto que, por aplicación automática do réxime tributario se lles considerada como defraudadores, xa que moitos dos afectados non tiñan feito as súas declaracións por falta de información. O obxectivo fundamental foi entonces, poñer na mesma situación a todos os emigrantes retornados: os que cumpriron e os que non. Ata o punto de que as peticións deste colectivo foron recollidas nun acordo unánime do Parlamento galego e trasladadas ao Ministerio de Facenda, que acabou asumindo a proposta realizada por Galicia.
Modificouse a lei do IRPF e abriuse un prazo extraordinario de seis meses, a contar desde o pasado un de xaneiro, para que os emigrantes retornados poidan regularizar as súas pensións, de xeito que non se vexan obrigados a pagar sancións, recargos nin xuros de demora e tamén se lles condonen e devolvan as sancións, xuros e recargos xa impostos con anterioridade.
Para acollerse a este trámite só hai que presentar un escrito (o modelo normalizado atópase en internet) onde se identifica o contribuínte, os anos correspondentes á débeda tributaria reclamada e o número de conta no que se fará o ingreso da devolución. A maiores, habilitouse un servizo de asistencia e asesoramento, no que colaboraban técnicos da Xunta, para todos os retornados que precisen de axuda para regularizar as súas obrigas tributarias a reciban.
Na Mariña lucense deuse un atranco a maiores: aínda que os emigrantes retornados podían presentar a súa solicitude de devolución e de regularización, para recibir a asistencia víanse na obriga de viaxar ata Lugo. Sensibles cos trastornos que implicaba esta circunstancia impulsamos xestións que se materializaron na confirmación de que tamén nas oficinas da Axencia Tributaria de Foz, previa cita, poderán recibir este asesoramento.
Creo que ninguén pode discutir a vontade de dar solución ás problemáticas que foron xurdindo. Tampouco que ese proceder construtivo sempre motivou o actuar dos populares galegos e incluso quen escribe en primeira persoa, coa miña implicación directa, tratou de ir resolvendo cuestións prácticas como que estes tramites puideran facerse desde A Mariña, sen necesidade de desprazamentos. Foi a nosa unha posición aberta ao diálogo e sensible, moi afastada dos intentos do BNG por manipular, polemizar e aproveitar o descontento existente dun colectivo ao comprendemos e polo que traballamos para que se corrixira.
Jose Manuel Balseiro Orol
Secretario do Parlamento de Galicia.




















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



