Ribadeo, 16 de marzo de 2015. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, pide prudencia sobre o suposto pasado mineiro da praia das Catedrais ao que aludían hai uns días varias asociacións patrimoniais. Suárez Barcia dixo que si iso se confirma “faría dese monumento natural unha marabilla aínda máis importante a nivel internacional”.
O rexedor aludiu hoxe “ao posible pasado mineiro, de extracción dalgún tipo de mineral, no entorno das Catedrais, segundo indican varias asociacións de patrimonio natural, etc. Desde o Concello debemos dicir que non temos medios técnicos capaces de contrastar esa nova e non nos queda outra que pedir prudencia sobre este posible achado”.
Fernando Suárez indicou que “no caso de que iso se confirmara a este monumento natural marabilloso que temos en Ribadeo habería que sumarlle tamén a existencia dun pasado histórico, de hai moitos séculos, que faría del unha marabilla aínda máis importante a nivel internacional”.
O alcalde de Ribadeo pensa que “deberan ser outras administracións con competencia na materia, singularmente en arqueoloxía, ben a Deputación de Lugo ou a Xunta de Galicia, as que boten luz enriba destes achados para contrastar e por ver si isto realmente é así ou si simplemente non deixa de ser unha teoría máis”.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



