A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, e a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, acompañadas polo Deputado de Economía do Coñecemento, Emprendedores e Innovación, Alfredo Llano, e Concelleiras viveirenses, comprobaron este sábado o resultado das obras de dotación do primeiro parque ambiental de Viveiro, do que xa desfrutan os cidadáns desta localidade mariñá. Méndez e Loureiro tamén supervisaron o avance das obras do plan de reordenación do tráfico, que estará listo para a Semana Santa. O conxunto destas actuacións conta cun orzamento de case 300.000 euros da Deputación e responden ás peticións dos veciños nos Orzamentos Participativos.
O organismo provincial financiou o proxecto do parque ambiental con 102.814 euros, dos que 80% son fondos europeos do seu programa medioambiental Lug02. Supuxo as seguintes actuacións:
– eliminación da zona infantil existente ao fondo do paseo marítimo, unha zona que rexistra moito tráfico e que está a escasos metros da Avenida de Ferrol; xunto ao posterior acondicionamento deste espazo como zona verde.
– instalación dun novo parque noutra zona do paseo máis céntrica e próxima ao casco histórico, polo tanto, máis segura; de maiores dimensións e con aparellos para nenos a estrear, como, por exemplo, un rocódromo, un columpio niño ou un dobre. Todo isto sobre unha pavimentación de preto 400 metros de caucho continuo. Tamén se situaron carteis informativos sobre a riqueza medioambiental da zona.
Listo para Semana Santa
Avanzan a moi bo rítmo as obras do plan da maior reordenación do tráfico rodado en Viveiro das últimas décadas, que se están executar con 185.000 euros da Deputación e estarán listas para a Semana Santa, conseguindo que os miles de cidadáns que asisten a esta multitudinaria cita de interese turístico internacional gozarán dun Viveiro máis cómodo, moderno e accesible. Este proxecto é unha vella reivindicación dos viveirenses, tal e como o manifestaron na xuntanza participativa no partido xudicial de Viveiro para a elaboración do Presuposto 2015 do organismo provincial. O seu obxectivo é desconxestionar a circulación de vehículos e peonalizar o casco histórico, dando continuidade aos traballos iniciados polo anterior Alcalde, Melchor Roel.
As actuacións deste plan comprenden sete zonas diferenciadas:
– A primeira delas correspóndese co cruce de Verxeles, que dá acceso á ITV e á estación de ferrocarril, onde se creará unha rotonda que permita xirar a vehículos pesados.
– Na segunda, o cruce de acceso ao casco histórico dende Verxeles, crearase outra rotonda que permita regular o tráfico e o acceso ao casco histórico.
– Tamén se actuará na zona próxima á Misericodia, reducindo as dimensións da rotonda e as beirarrúas existentes para mellorar a maniobrabilidade dos vehículos e cambiando a ubicación actual do paso de peóns.
– No tramo comprendido entre a Ponte da Misericordia e a rotonda da oficina de turismo, aumentarase a dimensións das beirarrúas, soterraranse contenedores de lixo e crearase unha zona de carga e descarga.
– Nesta mesma zona, tamén se reconfigurará a entrada e saída dos vehículos: a entrada realizarase fronte á praza de abastos e a saída pola rotonda da oficina de turismo, cambiarase a ubicación dos pasos de peóns e instalaranse novos semáforos.
– Na zona da Cruz Roxa, tamén se reubicará o paso de peóns cara a saída da ponte e se mellorará a sinalización horizontal e vertical.
– Finalmente, entre a praza de Lugo e a porta de Carlos V, quedará cun só carril en dirección Celeiro. Deste xeito, o espazo do carril eliminado será empregado para crear prazas de aparcamento para o casco histórico.
Avenida de Cervantes a Praza Juan Donapetry
Tras a Semana Santa, iniciaranse as obras de mellora do pavimento e dotación de servizos no treito comprendido entre a Avenida de Cervantes e a Praza Juan Donapetry, financiadas con 470.000 euros da Deputación. Consistirán na reposición integral do firme da estrada LU-P-6605 e das zonas peonís da súa contorna con pedra granítica; mellora da rede de saneamento; restitución do alumeado público (situaranse iluminarias ao longo do vial, que serán tipo lead para un menor consumo); canalización dos servizos para o suministro eléctrico e de telefonía (pasarán a estar soterrados, mellorando a imaxe visual); dotación de mobiliario urbano (bancos, papeleras, xardineiras…) e zonas verdes para humanizar a zona; e soterramento dos colectores de lixo. Unha vez finalizadas estas actuacións, levarase a cabo a modificación do sentido de circulación dos vehículos. A rúa terá sentido único de circulación cara arriba, co que se pretende minorar o tráfico rodado e evitar retencións.
Preto de 800.000 euros
Con estes 3 plans –reordenación do tráfico, parque ambiental e melloras entre a Avenida de Cervantes e Praza Juan Donapetry-, a Deputación inviste preto de 800.000 euros na transformación de Viveiro e posta en valor do seu casco histórico.





















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



