RIBADEO, 7 DE ABRIL DE 2015.- A asemblea de afiliados do PSdeG-PSOE en Ribadeo, nunha xuntanza celebrada na tarde-noite de onte, aprobou por aclamación a candidatura para as eleccións municipais do 24 de maio encabezada por Roberto Ramos Piñeiro, e que será presentada publicamente esta semana.
Dado o éxito do resultado, o secretario xeral da agrupación local – Víctor López Pérez- explicou que “celebramos a asemblea extraordinaria, como así o mandan os estatutos do partido, para elixir á persoa que nos representará como candidato á alcaldía nas próximas eleccións municipais do mes de maio. Neste punto da orde do día poderían presentarse varios candidatos ou candidatas, pero soamente se presentou a candidatura por parte da executiva local, que, como xa fora anunciado, está encabezada por Roberto Ramos Piñeiro, quen presentou aos compoñentes que o acompañarán na lista”.
“A unión de todos os socialistas”
Por este motivo, Víctor López amósase satisfeito. “Só nos queda seguir traballando, agora un pouco máis aínda, para lograr uns bos resultados no mes de maio”, afirma. Pola súa banda o alcaldable socialista recoñece as súa satisfacción pola aprobación que, “unida á decisión que tomou no seu día a executiva local que, por unanimidade, escolleume como candidato, podo dicir que isto ratifica a unión de todos os socialistas dentro deste proxecto de gobernabilidade para o Concello de Ribadeo que eu encabezo”.



















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



