Ribadeo 29 de abril de 2015.- Esta semana tratouse na Mesa Sectorial de Educación os Currículos da ESO e do Bacharelato para a aplicación da LOMCE e o seu calendario de implantación.
A CIG-Ensino reafirmase na necesidade da retirada desta lei e en todo caso adiar a súa implantación pois comprobouse a improvisación e o pouco consenso que suscita. Como ocorreu no curso anterior, coa aplicación en Primaria, os currículos non se van publicar até o mes de agosto pois antes desa data non conseguirá pasar todos os trámites legais. Dores Fernández Abel, secretaria da CIG-Ensino da Mariña, manifestou que “é un despropósito que se pretenda unha aplicación sen tempo suficiente e que provoca que o profesorado non conte cun documento definitivo para a realización das programacións e que os equipos directivos non poidan establecer que cadros de persoal precisan ao non ter as materias a impartir e as súas cargas horarias. Mesmo é un desprezo ás familias e ao alumnado.” Por todos estes motivos a CIG-Ensino pediu que o tema quedase sobre a mesa e que se adíe a aplicación da LOMCE en Secundaria.
A CIG-Ensino manifestou o seu rexeitamento ás reválidas, que van supoñer eliminar unha parte importante do alumnado do sistema educativo, a supresión na práctica da avaliación continua e o desprezo ao traballo do profesorado converténdoo case en exclusiva en preparadores de reválidas. Este decreto tamén invade claramente as competencias da Xunta en cousas como que os exames estean realizados e inclusive traducidos desde o Ministerio.
A CIG-Ensino tamén reclamou a redución das rateos a 20 e 25 alumnos na ESO e no Bacharelato, a redución destas rateos nas aulas de linguas estranxeiras, que non se límite ao número de alumnos a oferta das materias de libre configuración ou de especialidade, a eliminación da relixión do currículo escolar e que o portugués sexa unha das materias a ofertar como segunda lingua estranxeira.
A CIG-Ensino propuxo que en Filosofía se incremente a carga horaria de 1º de Bacharelato a tres horas, por ser unha materia troncal e imprescindíbel na formación do alumnado, proposta que foi aceptada pola Administración. En relación á materia de Tecnoloxía a CIG-Ensino propuxo que fose ofertada en 4º entre as materias troncais de opción na modalidade de ensinanzas académicas, que se cree un itinerario de tecnoloxía no bacharelato de ciencias que asegurare que os centros que hoxe imparten Tecnoloxía Industrial I e II no Bacharelato, poidan seguir a facelo. En Música que sexa impartida en 1º da ESO unha materia de libre configuración de contido musical para que non se produza a ruptura coa etapa de Primaria e que no Bacharelato se imparta Historia da música con 4 horas.
Drástica redución en Formación do profesorado
Nesta mesa tratouse tamén a orde de licenzas retribuídas por formación para o curso 2015-2016. A CIG-Ensino denunciou en primeiro lugar a drástica redución destas licenzas de formación (un 63%). Así como que non ten en conta as necesidades pedagóxico-didácticas do ensino na procura dun ensino de calidade. A Consellaría si aceptou que se lle permita participar nesta convocatoria ao profesorado interino.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



