A Xunta de Goberno celebrada este venres aprobou as bases e a convocatoria dunha liña de axudas destinadas ao sector gandeiro para impulsar o rural e o sector primario, estratéxicos para a economía na provincia de Lugo.
Manuel Martínez destacou que esta convocatoria “responde ás peticións realizadas polos veciños durante as xuntanzas de elaboración dos Orzamentos Participativos 2015, que estamos na obriga de convocar e e executar no ano actual”. O voceiro provincial socialista subliñou que “este feito, xunto coa delicada situación pola que atravesa o sector na actualidade, son máis que suficientes para xustificar a urxencia de prestar o maior apoio posible en todos os frentes aos nosos gandeiros.”
De feito, o lácteo é un dos sectores estratéxicos da economía galega e, así mesmo, da lucense. Hai que ter en conta que o 56% da produción láctea española procede de Galicia e desta, o 46,2% -máis de 1 millón de toneladas anuais-, da provincia de Lugo, grazas ás máis de 4.000 explotacións gandeiras que xeran uns 25.000 empregos.
Sen embargo, o leite dos gandeiros galegos é o peor pagado do país, con prezos que en orixe reducíronse en máis dun 18% ao longo do pasado ano, o que deixa ao sector nunha situación delicada logo da recente desaparición do sistema de cotas. A isto habería que sumar os problemas con algunhas industrias, “dos que os gandeiros son vítimas e non culpables, como opina, por exemplo, o señor Feijóo, pese a que mesmo a Comisión Nacional da Competencia sancionara as condutas abusivas dalgunhas destas industrias”, denunciou Manuel Martínez.
200.000 euros para organizacións gandeiras
Esta liña de axudas conta cunha partida de 200.000 euros que se destinarán a subvencionar actividades de funcionamento e organización de produtores de leite, de xeito que poidan contar con persoal e recursos suficientes e de calidade para evitar o desequilibrio entre produtores e industrias no novo escenario tras a desaparición das cotas. O sistema de concesión será o de concorrencia non competitiva, de xeito que ningún dos futuros beneficiarios perciba menos do 20% do orzamento total.
En canto aos beneficiarios, estes poderán ser organizacións de produtores de leite radicadas e con actividade na provincia de Lugo, que deberán estar inscritas no Rexistro Nacional de Organizacións e Asociacións de Produtores de Leite e no Rexistro Autonómico de Produtores. As axudas están pensadas para subvencionar, entre outros, gastos de persoal; gastos de adquisición de programas informáticos; de asesoramento xurídico, financeiro, ou técnico en asuntos como, por exemplo, a concertación de contratos coa industria; gastos financeiros, notariais ou periciais, etc. Para poder seren subvencionadas, as actividades das que deriven ditos gastos deberán executarse ao longo deste ano.
As bases que rexerán esta convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da Provincia ao longo da vindeira semana. Unha vez publicadas no BOP, os interesados terán un prazo de 15 días hábiles para presentar a documentación anexa a ditas bases.
Criterios de valoración
As axudas outorgaranse en función dos criterios sinalados nas bases, e serán valorados por unha Comisión Técnica. Entre outros estarán, por exemplo, unha maior puntuación canto maior sexa o número de gandeiros integrados na organización; o número de Concellos da provincia na que estea implantada a organización; o número de persoal contratado.
Neste punto en particular, e co fin de defender o traballo de calidade, os contratos cunha duración menor a 6 meses non será valorados e terá especial consideración a estabilidade laboral, as melloras salariais e sociais, así como os contratos a tempo completo respecto aos contratos a tempo parcial.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



