Foz, 21 de abril de 2015.- O próximo fin de semana, o Club Kayak de Foz retoma a actividade competitiva coa participación en dúas regatas. Unha participación que non exime padexeiros e adestradores de senllas madrugas.
O sábado día 25 de abril a furgoneta do Club Kayak acenderá os motores ás seis da mañá para desprazarse ata O Grove. Alí, a partir das 10:00 da mañá, o Club Kayak enfrontarase á primeira cita do fin de semana: a XII Travesía da Toxa -XXIX Trofeo Concello do Grove 2015 para embarcacións K2 e K4. Nesta regata o Club Kayak participa co K2 cadete formado Juan Rivas e Noel García e o K2 xuvenil formado por Jesús Alarcón e Javier Vila. O percorrido da proba – tanto para cadetes coma para xuvenís – será de 5000 metros consistente en dúas voltas a un circuíto balizado.
Xa na matinal do domingo, todo o club, dende os máis peques, os benxamíns, ata os veteranos desprazaranse ata as instalacións do Club Fluvial de Lugo para participar, a partir das 10:00 da mañá, na primeira regata da ‘V Copa Deputación de Lugo de Piragüismo’, un evento que, malia a súa curta idade, xa está totalmente consolidado no calendario do piragüismo galego.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
