A Xunta de Galicia afirma non ter ainda claro se serán doce ou catorce as doenzas identificadas no programa de cribado neonatal. Na actualidade incluense na denominada proba do talón corenta enfermedades. Pediatras, sindicatos e asociacións da pacientes critican os recortes planeados pola administración galega, segundo salienta Radiofusión.O SERGAS nega que exista motivación económica nesta medida e alega que trata de evitar un sobrediagnóstico.
A Asociación de Fenilcetonúricos de Galicia (ASFEGA) confía en a comunidade non renuncie ao seu programa, referencia para o conxunto estatal. En novembro, o Ministerio publicou no BOE a orde que define a carteira básica de servizos comúns do Sistema Nacional de Saúde (SNS), garantindo unicamente o cribado de sete trastornos. En tempo de recortes, o protocolo de mínimos definido polo Goberno estena deatal, temen en Asfega, pode xustificar un retroceso nas coberturas do programa galego, que na actualidade identifica unha vint trastornos obxectivo, e que, por diagnóstico diferencial, amplía a súa vixilancia até corenta patoloxías.” hai razón obxectiva nen científica nen económica para reducir” indica asimesmo o catedrático de Pediatria da Universidade de Santiago José María Fraga Bermúdez.
“Isto conlevará que estes nenos e nenas sexan diagnosticados cando teñen xa secuelas irreversibles, cunha calidade de vida peor para elas e eles e as súas familias, e cun peor prognóstico vital” afirman dende CIG-Saúde, que denuncian que a falta dun estudo que facilite a identificación precoz destas enfermidades (galactosemia, acidurias, entre outras), fará que os e as pacientes teñan que presentar síntomas e os e as pediatras sospeitar o diagnóstico para serlle solicitada a proba correspondente.
*Noticia AMEGA (Asociación de Medios en Galego).
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



