Ribadeo, 28 de abril de 2015. Este martes ábrese o prazo de inscrición nas escolas deportivas de verán do Concello de Ribadeo destinadas a nenos e nenas nados entre os anos 2000 e 2007. As modalidades que se ofertan neste 2015 son: pesca deportiva, piragüismo, remo, surf e vela.
A cota da matrícula é de 40 euros. O pagamento da taxa deberá facerse efectivo na conta corrente que o Concello ten en Caixa Rural antes do comezo da escola e indicando no concepto: matrícula escola deportiva, así coma o nome do rapaz ou rapaza matriculad@. O resgardo debidamente cumprimentado será entregado na Casa da Xuventude. Existe a posibilidade de subvencionar a matrícula, segundo a ordenanza de bases de acceso a prestacións económicas para actividades dirixidas a menores, organizadas polas Concellarías de Cultura, Educación e Igualdade, e de Facenda, Medio Rural, Obras e Deportes.
A inscrición, que se abre este martes, poderá realizarse na Casa da Xuventude de luns a venres en horario de 9 a 14 horas e os martes e xoves tamén pola tarde de 16.00 a 19.00 horas. O prazo de matrícula estará aberto ata o inicio das escolas ou ata fin de prazas, segundo explican desde a Concellaría de Deportes e desde a Omix. Terán preferencia @s empadroad@s/escolarizad@s en Ribadeo.
Na escola de pesca deportiva o Concello oferta 20 prazas. Esta terá lugar os días: 1, 4, 6, 8, 11, 13, 16, 18, 20, 22 e 24 de xullo de 10 a 14 horas. A escola de vela, que dispón de 15 prazas, desenvolverase en xuño os luns e venres de 16 a 20 horas e en xullo os días 1 e 3 de 16 a 20 horas.
A escola de surf conta con 20 prazas. Esta modalidade terá lugar os días 16, 17, 18, 23, 24, 25 e 30 de xuño de 16 a 18 horas e do 1 ao 17 de xullo (de luns a venres) de 16.00 a 18.00 horas.
A escola de piragüismo oferta 20 prazas. A presentación será o 22 de xuño ás catro da tarde. Haberá dous grupos. O A asistirá os días 1, 15 e 22 de xullo e os días 5, 12 e 19 de agosto de 16.30 a 19.00 horas. E o grupo B acudirá os días 2, 16 e 29 de xullo e 13, 20 e 26 de agosto de 16.30 a 19.00 horas.
E a escola de remo dispón de 20 prazas. Esta modalidade desenvolverase do 17 de xullo ao 8 de agosto, os luns, mércores e venres de 18 a 21 horas e os sábados de 10.00 a 13.00 horas.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



