Foz, 6 de abril de 2015.- O vicepresidente e responsable de Benestar e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, presentou no serán deste luns en Foz a quinta edición da Copa Deputación de Piragüismo, que un ano máis disputarán os seis conxuntos da provincia e conta co respaldo da Vicepresidencia Primeira do organismo provincial, a través da súa Área de Benestar e Deporte. Acompañaron nesta presentación o Delegado en Lugo da Federación Galega de Piragüismo, Martín Carballo, e representantes dos clubs participantes.
Antonio Veiga explicou que esta quinta copa se disputará “entre os meses de abril e agosto, seguindo o formato de anteriores edicións, polo que cada club se encargará de organizar unha regata”, indicou. A primeira proba celebrarase o 26 de abril nas instalacións do Club Fluvial de Lugo, a segunda regata, o 1 de maio, tamén se levará a cabo na cidade amurallada, nas inmediacións da área recreativa dos Robles e baixo a organización do Cidade de Lugo. A partir de aquí, a Copa trasladarse á Mariña. O 7 de xuño celebrarase na ribadense praia dos Bloques a terceira regata, organizada polo Club Altruán de Ribadeo; o encoro de Río Covo será escenario da cuarta proba, dirixida polo CP San Ciprián, o 19 de xullo; o CP Viveiro será quen xestione a penúltima proba, a celebrarse o 9 de agosto fronte ao porto deportivo viveirense; e pecharase esta edición o 23 de agosto na enseada de Foz, coa proba organizada polo Club Kayak de Foz.
Unha proba consolidade que axuda a medrar o número de licenzas
Antonio Veiga resaltou que “un ano máis temos rexistraremos un aumento da participación, é unha proba que está xa consolidada no calendario do piragüismo galego, que contou con moitos participantes en todos estes anos e é unha copa que da continuidade ás que acabamos de celebrar, tanto de baloncesto como de fútbol base”, sinalou. Con este tipo de competicións, o vicepresidente provincial di que outro exemplo máis de que “apoiamos sempre aos rapaces e rapazas que se inician en diversos deportes e cun especial significado esta proba de piragüismo, que conseguiu que moitos nenos e nenas volver a practicalo, aproveitando o medio natural que temos o noso alcance para celebralo, como son os nosos ríos, rías e o encoro de Río Covo”, apuntou.
Finalmente, Veiga agardou que se volva ver “o mesmo espectáculo que en anos anteriores e alegrámonos de que o piragüismo volva recuperar a forza que sempre tivo na nosa provincia”, concluíu.
Participantes de todas as idades
Igual que nas pasadas edicións, os clubs participantes poderán inscribir padexeiros desde categoría benxamín ata veterano, tanto na disciplina de kayak como de canoa. En todas as regatas os padexeiros, homes e mulleres por igual, sumarán puntos de cara á clasificación final individual e por equipos. Os puntos que se obteñen en función do posto conseguido son os que aquí se sinalan:
Para a categoría veterano, sénior, júnior e cadete:
1º ……. 65 puntos
2º …… 55
3º …… 50
4º……. 46
5º……. 45, etc.
En categoría infantil A e B, cría A e B e benxamín:
1º……. 100 puntos
2º …… 90
3º …… 85
4º……. 81
5º……. 80, etc.
O feito de que os nenos de categorías inferiores puntúen case o dobre que os padexeiros do resto de categorías obedece ao obxectivo da Copa, que segundo o delegado da Federación Galega de Piragüismo en Lugo, Martín Carballo, é o de “incentivar a promoción e que se sigan ganando practicantes de curta idade”, manifestou.
Participación e distancias
Martín Carballo tamén comentou que a participación cada ano é máis elevada. “Na pasada edición, a cifra de competidores superou os 200 na maioría das probas que conformaron a competición, chegando nunha delas a tomar saída 245 padexeiros. Se se realiza a suma de todos os participantes presentes en polo menos unha das regatas, o número ascende a 1.300, dos que puntuaron, -ao ter entrado dentro do tempo de control- 978”, afirmou.
En función da categoría, a distancia a percorrer é diferente e axeitada á idade. As distancias das distintas probas son as mostradas a continuación:
– 1500 m. para benxamín e cría A e B
– 3000 m. para infantil A e B
– 5000 m. para veterano, sénior, júnior e cadete
18.000 euros en premios: 1.200 máis que na anterior edición
En canto aos premios, esta Copa outorga distintos premios económicos para os equipos participantes. A contribución é realizada pola Vicepresidencia Primeira Deputación de Lugo que elevará a contía total aos 18.000 euros, superando os 16.800 do pasado ano. “A distribución destes premios baséase en dous criterios fundamentais: por un lado a participación, segundo o número de padexeiros, supoñendo o 40% do total e por outro, a clasificación, segundo os postos conseguidos, constituíndo o 60% do total”, sinalou Antonio Veiga.
Tamén haberá trofeos en cada proba para os tres primeiros clubs clasificados e aos tres primeiros homes e mulleres de cada unha das categorías.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
