No CENIMA de Foz expoñese este mes de Abril a obra plástica de 28 persoas vinculados a este norte galego, dentro da Seman das artes plasticas da Mariña, 28 obras, 28 creadores, 28 visions a o rredor deeste territorio donde viven ou sobreviven unhos 80.000 persoas nunca fraxa de perto de 90 quilometros de largo popr unhos 37 de ancha.
Como un forma parte de esta tropa de traballadores da plastica que por segundo ano consecutivo participa no evento Quero reflexionar encol do mundo do creador e a súa obra.
O artista posúe dons para todos e organiza as súas facultades coa tendencia expansiva, cara á demostración pública dos seus descubrimentos estéticos que conlevan implícito a ética, desenvolvidos en soidade fecunda, para compartir desde eles a admiración colectiva. Non, cara á súa persoa human común, senón cara á obra creada e cara á personalidade creadora, que ata o momento da entrega artística permanecía secreda.
Porque toda manifestación significa unha xenerosidade de quen a manifesta. Unha dación, unha entrega gozosa xa que beleza ou bondade manifestada, son beleza ou bondade compartida. Aquel que como contemplador, recibe o valor e mézase da obra exposta, comparte o ben implícito nel. Que é lei fundamental que os sentimentos de cada cal diferentes e diferenciados a ninguén pertenzan e de todos sexan posuídos, non ben o individuo logre percibilos.
O creador busca a harmonía, a unidade mística nun todo concretado naobra, desde a pluralidade dos seus sentires intelectuais e sensibles. Unha infinita gama da emoción e do entendemento, o razoado e o intuído, pono en contacto con outra dimensión que desde a súa interioridade transpórtao a mundos novos descubertos no acto mesmo da creación. É unha sorte de maxia onde actúan a imaxinación, a fantasía, e toda un abanico de emocións: Angustia, alegría, frustracións, entusiasmo, para converxer nunha necesidade ineludible de mostrarse, en determinada e esixida personalidade. E só cando esa personalidade é totalmente respectada, rescatada e transferida auténticamente á creación, podemos dicir que estamos fronte a un estilo concreto, definido e propio.
A creación artística é un gozo. E cada creador sente ese gozo, maxia ou deslumbramento en forma diferente.
Otero Regal.