O Burela Pescados Rubén vence ao Gironella por 7-1 nun partido que no que as burelesas foron de menos a máis, á inversa que as catalás que iniciaron o partido moi enchufadas. Nada máis comezar o Gironella gozou dun par de ocasións que non souberon aproveitar, na primeira Shiori evitou o tanto visitante desviando baixo paus un disparo de Pilar e na segunda Ingrid non puido no man a man con Jozi.
Co paso dos minutos o Burela Pescados Rubén foise desperezando aínda que as catalás mantiñan o tipo e ata se atrevían a presionar arriba. Chegando ao ecuador do primeiro periodo as mariñás comezaron a presionar máis e a xerar ocasións claras. Nunha delas, Shiori aproveitou unha gran xogada de Tainã para abrir o marcador (1-0), a brasileira foise do seu par en banda esquerda e enviou un gran pase ao corazón do área que a xaponesa non perdoou. Co 1-0 o Gironella mantivo a compostura pero comezou a afundir o seu defensa e nos minutos finais Peque e Tainã encarrilaron o duelo. No minuto 18, Peque marcou a porta baleira tras asistencia de Shiori e no último minuto Tainã, desde o dobrepenalti, fusilou a Noe cun gran disparo para marcar o 3-0 co que se chegou ao descanso.
Na segunda parte o dominio do Burela Pescados Rubén foi absoluto ante un Gironella voluntarioso e con boa actitude defensiva pero escasos de recursos ofensivos e sen fuelle. No minuto 29, Peque aumentou a renda local cun potente disparo ante o que Noe pouco podía facer. O 4-0 deu paso a uns minutos intrancendentes e na recta final chegaron máis goles, Cris logrou o 5-0 tras unha nova asistencia de Shiori. Peque completou o seu hat trick co 6-0 e o 7-0 foi de Lidia en propia porta. As visitantes lograron tamén o seu gol do honra por mediación de Ingrid que estableceu o defnitivo 7-1.
Ficha técnica
Burela FS Pescados Rubén: Jozi, Claudia, Peque, Gaby, Shiori –cinco inicial- Bea Mateos, Tainã, Cris, Paula.
Gironella: Noe, Ingrid, Celia, Claudia Pons, Pilar –cinco inicial- Lidia, Anna, Berta.
Goles: 1-0, m.11, Shiori; 2-0, m.18, Peque; 3-0, m.20, Tainã; 4-0, m.29, Peque; 5-0, m.35, Cris; 6-0, m.37, Peque; 7-0, m.38, Lidia (p.puerta); 7-1, m.38, Ingrid.
Árbitros: Crestelo Blanco, Cardero Rodríguez. Colegio galego.
Incidencias: Partido correspondente á xornada 25 de Primera División RFEF disputado en Vista Alegre, 300 espectadores.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
