O corpo sen vida dun home foi atopado este venres flotando no mar fronte ao faro de San Cibrao, no lugar de Cuíña, no termo municipal lucense de Cervo.
Un particular foi o que alertou ao CAE 112 Galicia ao fío das 15.00 horas. Os axentes da Garda Civil, desprazados ao lugar tralo aviso do 112 Galicia, informaron de que se trata dun pescador que caera ao mar.
Os efectivos do GES de Cervo rescataron o corpo e os servizos sanitarios de urxencia confirmaron o seu falecemento. O 112 Galicia solicitou a intervención, ademais, de Salvamento Marítimo, do Servizo Gardacostas de Galicia e de Urxencias Médicas. Tamén se informou a persoal do Concello.