San Cibrao, 6 de abril de 2015.- O bauxiteiro “NAVIOS MARCO POLO” procedente de Guinea Conakry con bauxita para a planta de ALCOA San Cibrao obrigou a tomar medidas de precaución ao coñecerse a noticia de que un tripulante estaba enfermo. De principio o persoal do Porto púxose a tomar as máximas precaucións utilizando material de protección individual, xa que na mente de todos está o risco de que poida aparecer un caso de Virus Ébola posto que no país de carga aínda se están a dar casos de morte e contaxio desta enfermidade.
Polo porto non se viu ningún médico especialista nestes temas do departamento de Seguridade Marítima nestes tempos de risco como sería desexable por parte de todo o persoal que por unha ou outra circunstancia teñen que intervir na descarga deste barco.
Dende o CSI-F pídese a ALCOA que esixa que un especialista sexa o primeiro en supervisar os tripulantes enfermos mesmo antes de que o barco atraque ao porto de ALCOA.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



