Ribadeo, 9 de abril de 2015.- A AVV O Tesón ten programadas para o presente mes de abril un ciclo de actividades sobre a biodiversidade e a conservación da natureza, ofrecendo unha visión dende Ribadeo e enfocada no entorno ribadense.
Como primeira actividade e preparación das dúas charlas posteriores, este venres 10 de abril ás 20:00 horas no Salón de Actos da Casa do Mar de Ribadeo terá lugar a proxección da curta documental ‘Desarrollo y vinculación del turismo con la conservación de la naturaleza’ (22 min). A curta tenta desenvolver a posibilidade de beneficio mutuo entre actividade económica e conservación da natureza, a partir dunhas determinadas coordenadas e ideas, e será seguida -previa presentación dun pequeño esquema sobre as ideas que tenta desenvolver- dun debate entre as persoas asistentes.
A segunda actividade será a charla de Óscar Chao Penabad sobre diversidade e natureza en Ribadeo. Terá lugar o sábado 18 no mesmo lugar e asemade ás 20:00 horas.
O ciclo rematará o venres 24 cunha charla de Mark Adkinson, conservacionista afincado en Galicia.