Cervo, 2 de abril de 2015- O Concello de Cervo e os bares e restaurantes de San Cibrao deron a coñecer este xoves o programa e o cartel da Festa do Mexillón, que se celebra o próximo sábado día 4 de abril. Unha nova edición na que a hostalería preparará este produto galego en variadas receitas, dende as máis tradicionais ata as máis innovadoras co obxectivo de “exaltar el mejillón y al mismo tiempo convertirlo en un reclamo turístico durante las vacaciones de Semana Santa”, asegura a edil de Turismo, Begoña Alonso.
A Festa do Mexillón faise coincidir todos os anos co Sábado Santo, de forma que se ofrece unha “opción más de ocio degustando un producto de sabor casi universal, y que admite todo tipo de ingredientes y acompañamientos”, explica Alonso.
A edil de Turismo aproveitou para agradecer aos bares e restaurantes participantes “su trabajo e implicación con esta iniciativa así como su interés por, año tras año, seguir innovando y ofreciendo nuevas preparaciones”.
Alonso lembra que esta é a segunda festa gastronómica que se celebra en menos dun mes no municipio, e nos dous casos baseadas en produtos do mar, “que forman parte de nuestra identidad gastronómica como municipio costero y gallego” sen esquecer “el tirón de las fiestas de exaltación de productos típicos, que se convierten en un atractivo más y que complementan un destino como el municipio de Cervo”.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



