
Os Sendeiros de Foz disfrutaron de dúas fermosas rutas de sendeirismo polas terras do municipio de Foz. O venres 3 de abril percorreron a ruta das capelas de algo máis de 14 km e o sábado 4 outra á que lle chamaron a ruta dos Nazarenos de algo máis de 16 km. Con estas dúas rutas un alto número de participantes saíron de Foz e visitaron Mañente, Vilaronte, Sanmartiño, O Bispo Santo, Vilaxoane, Fazouro e Forxán ata rematar na ruta das tapas no porto de foz e no paseo da praia da Rapadoira. A próxima ruta prevista desenvolverase o domingo 19 deste mes. Será no Encontro de Sendeirismo en Pol. O prezo de inscrición é de 20 euros coa comida incluída.























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



