Foz, 22 de abril de 2015.- A obra de construción da cuberta para a zona de xogos da escola infantil da Galiña Azul en Foz foi entregada na mañá deste mércores.
O alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, explicou que “vimos de recibir as obras da cuberta da zona de xogos da escola infantil da Galiña Azul de Foz. Estamos moi contentos por recepcionar unha obra moi demandada polo persoal que traballa no centro, pero sobre todo polos pais e nais dos alumnos. A obra quedou moi ben, cun investimento que rolda os 20.000 euros e vai facer que esa zona de xogos sexa moito máis utilizada polos nenos e nenas, posto que cando chovía e se empapaba a goma protectora do chan era practicamente imposible xogar alí. E agora durante todo ano vaise poder usar esa zona de xogos”.
O rexedor municipal rematou dándolle as grazas ao Consorcio Galego de Benestar porque “este compromiso da Xunta de Galicia cumpriuse e no Concello estamos verdadeiramente contentos de que se amplíe unha infraestrutura necesaria na nosa escola infantil, igual que se fixo na outra gardería de Foz durante o mes de decembro unha obra importante de reparación de todos os chas e os forxados, que estaban aínda de madeira”.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



