Burela, 23 de abril de 2015.- A xogadora do CD Burela FS Pescados Rubén Shiori Nakajima e o director deportivo do equipo, Marcelo Santoro, reuníronse con Mio Takahashi, que forma parte do staff de Esjapon.com, para agradecer o apoio desta web á xogadora internacional nipona durante a presente tempada.
Esjapon.com é un sitio web destinado a informar sobre temas relacionados con España e Xapón en conxunto: noticias e artigos sobre eventos, novidades, persoas de interese.., unha plataforma, totalmente bilingüe, que busca ser útil para as persoas e empresas que teñan inquedanzas sobre a cultura de ambos os países.