Numeroso público participou na presentación este venres 17 de abril en Mondoñedo no salón de actos do Centro Comarcal do libro “Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías”. No acto interviñeron a ilustradora, Orlando González, alcalde Mondoñedo, Francisco Piñeiro e Fran Bouso, colaboradores da publicación, Lois Pérez, narrador oral, e Antonio Reigosa, o autor e coordinador da edición, Antonio Reigosa.
“Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías” é unha versión impresa, reducida, que publica Edicións Xerais de Galicia na colección LibroX e que sae á rúa para celebrar o décimo aniversario da web Galicia Encantada, Enciclopedia da Fantasía Popular de Galicia (http://www.galiciaencantada.com), un proxecto que está na rede desde marzo de 2005.
Ao tempo que se renova a web publícase este libro con 101 relatos en coautoría con 52 autores e autoras, entre eles nomes como os do portugués Alexandre Parafita, o do brasileiro Romyr Conde, ou Antonio García Teijeiro, Marta Dacosta, Xabier López Rodríguez, Xabier P. DoCampo, Calros Solla, Rafa Quintía , Isidro Novo ou Adela Figueroa. A xeografía dos relatos é practicamente toda Galicia e a temática a dos contidos habituais da web.
Entre os relatos algunhas xoias inéditas como “A verdadeira historia da capadora de Cuntis “A Lorena Bobbit galega”, de Marcos Seixo Pastor, “O conto do lobo incendiario” do escritor zamorano-galego Xabier López Rodríguez, lendas urbanas que tratan do roubo de órganos, de construtores suicidas, do significado ou linguaxe das zapatillas que se colgan dos cables eléctricos, as referencias galegas da historia do home santo que é quen de colgar o seu abrigo da “vara de sol”, as propiedades da “Man de Gloria”, o amuleto que se fabrica coa man dun aforcado.
No acto de presentación fíxose especial referencia aos relatos mindonienses e mariñaos recollidos na publicación: A casa encantada de Portocelo (Xove), O pirata Xan de García (Foz), A cova de San Xoán Vello (Viveiro), A cruz de Pau da Vella (O Valadouro-Viveiro-Xove), Lendas do castro da Recadieira (Mondoñedo).
Orlando González evocou a figura humana e literaria de Eduardo Galeano polo seu recente pasamento quen, por certo, facía uso regular da literatuta oral sudamericana para “celebrar a fantasía”.
Fran Bouso falou da súa experiencia como meste coordinador de alumnos que aportan información ao libro, neste caso sobre Filomena Arias Armesto, A sabia de Torbeo (Ribas do Sil).
Francisco Piñeiro falou das lendas do seu Reguengo natal (A Fonte da Galiña) que figuran no libro e na web, e da man de Cunqueiro percorreu a actualidade dos tesouros que se esvaecen en paraíso fiscais.
Lois Pérez, poeta , mestre en Riotorto e narrador oral parafraseou cos súas historias “as mil e unha noites” e “as mil e unha fantasías” que dan subtítulo ao libro presentado.
O libro, en palabras do coordinador da edición, pretende achegar especialmente estes contidos a lectores pouco ou nada familiarizados cos temas da nosa tradición oral.
*Fotos: Marcos Candia.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



