Burela, 30 de abril de 2015.- Este xoves foron entregados no salón de plenos do Concello os premios aos gañadores do II Concurso de Lemas e Debuxo, convocados para celebrar o día internacional para a eliminación da discriminación racial. No acto participaron o alcalde, José Mª González Barcia, a concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Diana Durán, e Conchi Pernas, responsable do programa de atención a inmigrantes do Concello burelés.
O gañador do concurso de lemas foi Ramón Ben Casas. O seu lema foi: “a multiculturidade é un arte social”. A gañadora do concurso de debuxo na categoría de 6 a 12 anos foi Raisa Rivera Chonate e a gañadora na categoría de 12 anos en diante foi Claudia Olaya Saavedra. Ambas son alumnas do IES Perdouro. Recibiron un premio especial polos traballos presentados a Fundación Eu Son e a asociación A Mariña.
O rexedor contou que “hoxe pola mañá fixemos entrega dos premios tanto do concurso de lemas como de debuxo e pintura, convocado para celebrar o día internacional para a eliminación da discriminación racial. Nós fixémoslles chegar aos asistentes, alumnado do IES Perdouro, da Fundación Eu Son, e da asociación de enfermos mentais A Mariña, que aquí en Burela temos dado exemplos máis que claros e máis que suficientes de tolerancia e de respecto aos demais e de convivencia sen atender a criterios nin de relixión, nin de raza, nin de color de pel”. González Barcia subliñou que “Burela ten demostrado esas dotes de asimilación de todas esas persoas que chegan de fora, temos amosado uns niveis de tolerancia e de convivencia amplísimos, o que nos leva a ser exemplo para moitos outros pobos, moitas outras vilas, moitos outros concellos, exemplos que se están a tomar incluso como modelo”.
O alcalde apelou “xa non só aos rapaces e ás rapazas, que hoxe estiveron aquí con nós, senón ao conxunto da sociedade para seguir mantendo vivos eses niveis tan altos de tolerancia, de boa convivencia e a seguir mantendo moi vivo e moi alto o listón de respecto a todas as persoas, independentemente da súa relixión e da cor da súa pel. Aquí 44 nacionalidades distintas convivindo todos os días demostran que a tolerancia e a convivencia teñen cabida en calquera lugar”.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



