O luns 13 de abril, os alumnos e profesores do colexio Sagrado Corazón de Ribadeo levaron a cabo a carreira solidaria “Gotas para Níxer: auga e vacinas salvan vidas”. Os atletas (alumnos) buscan patrocinadores que lles entreguen un donativo por correr e todo o que xuntan faise chegar a Unicef. Nesta edición conseguimos 2117,66€ para que ás escolas de Níxer cheguen a auga e as vacinas.






















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



