Mondoñedo, 21 de abril de 2015.- O 20 de abril, ás 10:20, celebrouse no IES S. Rosendo a inauguración dun conxunto de seis obras pictóricas sobre soporte de pizarra da autoría da debuxante Mariana Roura. Estas seis pezas formaron parte da primeira ruta celebrada o día 23 de febreiro do 2015 para os alumnos e alumnas do IES S.Rosendo e que leva por título “Fauna e flora nos lousados de Mondoñedo. Unha historia de amor”. Esta ruta foi deseñada pensando nun suposto libro que D. Álvaro Cunqueiro escribiu e que tiña como tema a fauna e flora dos lousados da vila. É unha ruta adicada a D. Antonio Reigosa, cronista oficial da vila de Mondoñedo. A creación e o deseño correspondeu a Fernán López de Rutas Vivas.
