A UNED de Viveiro imparte os venres 17 e 24 de abril en horario de 17.00 a 21.00 horas o curso “Inglés para la vida diaria” dirixido ó público en xeral interesado en aprender a desenvolverse en situación cotiás onde o inglés sexa o idioma falado. Posteriormente, no mes de maio impartirase, entre o venres 8 e o sábado 9, o curso “El sociograma, análisis de las relaciones sociales de los grupos” de 17.00 a 21.00 horas. E o venres e sábado seguintes, 15 e 16 de maio, de 16.00 a 21.00 horas e de 09.00 a 14.00 horas, respectivamente, ofrecerase o curso “Técnicas de venta”. Os interesados poden informarse máis polo miúdo no teléfono 982 563 601 ou a través do enderezo electrónico viveiro@lugo.uned.es.























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



