Cervo, 30 de abril de 2015.- Promovido por Víctor Pernas xerente de Funerarias Mariña, S.L. de Burela, o edificicio terá unha superficie construída total de 1.271 metros divididos en dúas plantas. Este novo edificio contará cun gran vestíbulo central, salas velorio e para familiares, cafetaría-bar con máquinas de vending, unha zona administrativa con despacho, unha exposición para féretros, unha sala de tanatopraxia, vestiarios e aseos, cocheira para vehículos fúnebres, así como espazo para almacéns. Actualmente, paralelamente á construción do tanatorio, estase a tramitar a instalación no mesmo edificio dun crematorio cunha zona para a introdución do féretro e outra para o forno así unha sala de despedida do defunto antes da cremación.
A edificación foi proxectada polo arquitecto burelés Rubén Fernández Lombardero que a define como “un espazo moderno, amplo, funcional e moi luminoso, onde prima a sobriedade sobre o superfluo” en canto á forma do edificio considera que se trata de “un edificio contemporáneo, de volumes claros e liñas rectas, onde a sinxeleza formal transmita a serenidade propia dun edificio deste uso”.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



