Burela, 21 de abril de 2015.- Celebráronse, un ano máis, as xornadas de convivencia cos usuarios da fundación “Eu Son” de Burela coa colaboración das alumnas do C.M. de Peiteado e Cosmética Capilar do IES Perdouro.
Os usuarios/as do Centro Ocupacional e Centro de día da Fundación Eu Son asistiron e participaron no obradoiro de Asesoría de imaxe, hixiene e estética persoal. Nestas xornadas déronse pautas e consellos par manter e coidar a imaxe persoal no día a día. Foron días moi intensos no que se fixeron moitas actividades (afeitados, manicuras, masaxes, peiteados, cortes, etc) nas que os usuarios participaron nos traballos adoptando o papel de modelos e tamén o papel de profesionais, ninguén quedou sen traballar!!