A terceira e última actividade do ciclo da AVV O Tesón “Visións do medio ambiente dende Ribadeo”, a charla de Mark Adkinson sobre “A pesca recreativa como fonte de ingresos sostibles” celebrouse este venres 24 de abril.
A charla dividiuse en tres partes: unha primeira, a presentación de AEMS Ríos con Vida, na que usou un vídeo para ilustrar a actividade da asociación; pasando logo a poñer en consideración un exemplo da valoración económica do coidado dos ríos e a pesca sen morte nunha zona dos EEUU con certa semellanza con Galicia; para, finalmente, nun ambiente totalmente distendido, abranguer diversas cuestións relacionadas co tema e con Galicia, comezando polos métodos e as orientacións precisas de accións.
Quizais, se tiveramos que procurar unha sentencia que resumira a charla, sería algo así como “Moverse a favor do medio ambiente rendibiliza a nosa vida”. Está claro que produce rendementos económicos, e que non deixa de ser un alicerce, pero o motor principal non debe ser ese, senón o propio sentido conservacionista do noso entorno e nós mesmos, e que non é só unha necesidade, senón tamén unha fonte de satisfaccións.
Entre outras cousas, como as diversas accións xudiciais en marcha para que as eléctricas cumpran a lei, ou a intervención para lograr que a lei contemple o medio, cristalizou a posibilidade de ‘adoptar un río’, o que se estudará potenciar en Ribadeo a traverso dos centros de ensino.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



