Foz, 14 de abril de 2015. O tesoureiro da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Javier Castiñeira, asistiu este martes na Escola de Hostalería de Foz á presentación dos Menús Arte_Sans. A iniciativa da Mancomunidade porase en marcha o vindeiro sábado, 18 de abril, en 10 restaurantes da comarca, que servirán os seus menús en pezas elaboradas para a ocasión por doce artesáns mariñáns. O proxecto foilles explicado este martes aos alumnos e alumnas do centro por Javier Castiñeira e polo coordinador dos Menús Arte_Sans, Lucas Requejo.
Castiñeira indicou que “cos Menús Arte_Sans a Mancomunidade de Municipios da Mariña quere promocionar a nosa hostalería desde o punto de vista dos nosos artesáns, que están a facer de verdadeiros guías turísticos da riqueza desta comarca. Fixemos hoxe esta presentación nun centro importante da Mariña, como é a Escola de Hostalería de Foz, que durante estes últimos anos está a ser un referente en Galicia. E qué mellor sitio para dar a coñecer este proxecto, no que se vincula a artesanía coa propia hostalería, coa propia cociña e do que se trata é de que os hostaleiros participantes da Mariña poidan servir os seus pratos, as súas propostas, en obras de artesáns desta comarca”.
O tesoureiro da Mancomunidade subliñou a promoción conxunta que se realiza grazas aos Menús Arte_Sans e “a promoción conxunta tamén que se fai desde hai anos desde a Mancomunidade de Municipios da Mariña, presidida por Alfonso Fuente Parga, alcalde de Barreiros, que está a facer un traballo excepcional e que cremos que está a funcionar porque A Mariña máis que nunca está a brillar turísticamente. Agora mesmo esta comarca é un destino dos importantes de Galicia, estámolo a ver nos nosos pobos, que durante a pasada Semana Santa estiveron a tope de ocupación”.
Javier Castiñeira aludiu á importancia de dar a coñecer os Menús Arte_Sans “dentro dun todo que é A Mariña e que os pratos elaborados polos hostaleiros participantes se sirvan en pezas de artesanía, feito que contribuirá a que se resalten máis” e agradeceu “aos propios directivos da Escola de Hostalería de Foz que, coma sempre, se brindan a acoller estas actividades”.
Lucas Requejo, coordinador dos Menús Arte_Sans, foi o encargado de explicar o proxecto polo miúdo aos alumnos e alumnas do centro para que “coñezan en primicia un novo xeito de promocionar A Mariña, facendo uso da súa artesanía e tamén da gastronomía local”.
Dez restaurantes serán os encargados de amosar o traballo dos artesáns durante 5 semanas (dende o 18 de abril ata o 24 de maio) e tamén do seu propio traballo, xa que ofrecen os menús con produtos propios do mar e da terra servidos sobre a propia artesanía.
Os Menús Arte_Sans da Mancomunidade de Municipios da Mariña presentáronse nun acto que se desenvolveu o pasado 12 de marzo en Finca Galea, en Alfoz, e ao que asistiron hostaleiros, artesáns e autoridades.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



