Foz, 6 de abril de 2015.- O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, fixo este luns balance da Semana Santa e destacou que os datos indican que foi a mellor da historia do concello.
“A valoración desde o Concello de Foz do que foron estas vacacións de Semana Santa é moi boa. Os datos de ocupación son obvios e chegaron practicamente ao 100 por 100. E os datos de consumo de auga e xeración de lixo, así como os da oficina de turismo, indican que non se recorda outra Semana Santa con esta ocupación e con estes consumos, o que ven a dicir que é a mellor Semana Santa da historia do noso concello”, explicou o rexedor municipal.
Javier Castiñeira engadiu que “a verdade é que se ve á xente con moito mellor ánimo, moito máis satisfeita e dende logo nós cremos que hai moitos motivos: un dos máis importantes é a apertura de infraestruturas novas, como a autovía A-8, xa que moitos dos visitantes dinnos que a día de hoxe esa é unha vantaxe moi boa con respecto a outros anos; o bo tempo tamén influíu bastante nos datos de ocupación que temos na Mariña; tamén creo que se pode achacar a unha boa promoción conxunta por parte de todos os concellos da Mariña en xeral, ese novo concepto que parte de que todos os que veñen a Foz visitan tamén outras localidades e ao revés, pois nunca tanto se beneficiou Foz da Semana Santa de Viveiro e da de San Martiño, pero tamén das visitas ás Catedrais; e reciprocamente, porque son moitos os visitantes que veñen a Foz e despois van a outras localidades; e tamén a venta de vivenda, xa que durante este ano, ao estar moi económica, fixéronse unhas boas ventas de vivendas”.
O alcalde fixo ademais “unha valoración moi positiva dende o interior, porque dende o Concello estanse facendo ben as cousas de cara á promoción turística, pois funcionaron dúas oficinas de turismo. E ademais hai que destacar o traballo de todas aquelas asociacións e organizacións que grazas ás súas actividades melloran moito o programa de actos do noso concello, especialmente a Acia local co seu bo traballo na hostalaría, que contribúe tamén á promoción do pobo”.
Castiñeira rematou felicitando “especialmente aos organizadores da Semana Santa de Foz, tanto a do núcleo urbano como a de San Martiño. A todos os que participaron e aos organizadores, os meus parabéns porque todos os actos saíron moi ben e están convertendo a Semana Santa de Foz e a de San Martiño en algo importante, grazas ao bo facer de moita xente, sobre todo das confrarías e de todos aqueles que as organizan”.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



