A Semana Santa burelá tremerá un ano máis ao ritmo da música underground. Os días 3 e 4 de Abril celebrarase nesta localidade a V Edición do Aversion Fest, que contará coa presenza de artistas nacionais e internacionais consagrados dentro do xénero.
As bandas españolas Vita Imana e Escuela de Odio encabezan un cartaz que inclúe artistas moi recoñecidos, tanto a nivel estatal – In Mute, Núcleo Terco – como galego – Nao, Twenty Fighters, Xenderal – e incluso no panorama underground internacional – Black Knives, Challenge o Mexican Stepper.
A novidade principal desta edición é a ampliación do recinto e a inclusión dunha nova área musical, a “Sound System Area”, froito da colaboración da A.C Cultura Ceibe con MaisLume Kolektive. Para tódalas asistentes estará habilitada unha zona de acampada a cuberto no Pavillón dos Institutos de Burela, a escasos metros do recinto, e ofértanse actividades gratuítas como complemento ás dúas áreas musicais.
O acceso a ambas carpas ten un custo de 17 en anticipada ou 20 en taquilla, para a totalidade do evento, existindo outros bonos máis sinxelos e económicos. Calquera información adicional pode consultarse a través do Facebook do festival, facebook.com/aversionfest ou a través do email de contacto info@aversionfest.com.
Programa
· Venres 3 de Abril
o 16:00h Charla-coloquio “Tatuaxes e modificacións corporais” no CSA Xebra! (C/ Leandro Cucurny s/n)
o 17:00h Aversion Fest Caravan, parada na cervexería-vinoteca “O Traste”
o 18:00h Aversion Fest Caravan, parada no bar-restaurante “Boas Migas”
o 19:00h Apertura da carpa principal no recinto do festival
o 00:00h Apertura da carpa soundsystem no recinto do festival
· Sábado 4 de Abril
o 12:00h Concentración biker no recinto do festival a cargo de Sleepwalkers MC, Aversion Fest Caravan (parada no mercadiño do festival)
o 13:00h Aversion Fest Caravan, parada na cervexería “O Sitio”
o 14:00h Aversion Fest Caravan, parada na cervexería “Primeira Toma”
o 15:00h Concerto de balde de ZONA ZERO no mercadiño do festival
o 16:00h I Descenso de Longboards “Rego do Perdouro” + obradoiro de iniciación a este excitante deporte (acceso sur do recinto).
o 17:30h Espectáculo circense no mercadiño do festival
o 19:00h Apertura da carpa principal no recinto do festival
o 00:00h Apertura da carpa soundsystem no recinto do festival
Prezos:
· BONO XERAL 2 DÍAS: 17€ anticipada / 20€ taquilla.
· BONO XERAL 1 DÍA: 13€.
· BONO SOUND SYSTEM 2 DÍAS: 10€.
Puntos de venda anticipada: http://entradium.com/entradas/aversion-fest-2015
Antonio Veiga visita o recinto do festival
O vicepresidente e responsábel de Benestar e Deporte da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, acercouse este xoves a Burela para facerlle unha visita aos organizadores do Aversion Fest, que acometen os últimos preparativos da quinta edición dun evento musical que encherá de sons underground esta vila da Mariña durante mañá e o sábado. A Vicepresidencia Primeira da Deputación, a través da Área de Cultura e Turismo, colabora con este festival.
Antonio Veiga valorou o traballo e o esforzo da organización, “por ofrecer unha alternativa de ocio, moi nomeadamente entre a xuventude, para todos aqueles que visitan A Mariña durante a Semana Santa. Cremos que hai que colaborar coa xente nova que se move, traballa e organiza eventos que a xuntas a que medre a afluencia turística das nosas vilas e cidades”, concluíu o vicepresidente do organismo provincial.
*Foto: Óscar Arbesú