Burela, 24 de abril de 2015. O alcalde, José Mª González Barcia, considera que o bo tempo axudou de forma decisiva ao avance das obras de acceso ao porto de Burela.
O rexedor dixo que “as obras do acceso ao porto van moi ben: o drenaxe no río Perdouro está practicamente rematado, estase colocando un muro de escollera para previr posibles desprendementos na zona do Perdouro, na travesía de Burela, nas inmediacións do que será a rotonda de acceso; estase traballando tamén na parte traseira da gasolineira, onde se está cos traballos previos ao desprazamento da vía férrea; e outra zona onde se está actuando é na Limosa, con gran presenza de caolín e que está nas inmediacións da rotonda de chegada á vía de comunicación a Absa”.
González Barcia dixo que “o tempo axudou de forma decisiva a que estas obras poidan avanzar e estanse cumprindo todas as previsións que nosoutros tiñamos, co cal creo que vai francamente ben”.