O Burela Pescados Rubén despideuse na Salobreja das súas opcións de Play Off ó caer por 5-2 ante o Jaén Paraíso Interior. O conxunto mariñao disputou ante o campión de Copa un duelo de alta intensidade no que non logrou manter o ritmo andaluz debido á escaseza de efectivos laranxas.
A escuadra dirixida por Juanlu Alonso comezou o choque con boas sensacións ante un Xaén que quixo marcar o paso desde o inicio. A boa defensa mariñá bloqueou a saída dos andaluces aínda que co paso dos minutos o encontro foise abrindo con ambos equipos gozando de oportunidades para abrir o marcador. Neste intercambio de golpes resultou ganador o Xaén que nunha acción de estratexia conseguía o 1-0, obra de Buendía no ecuador do primeiro periodo. Coa afección amarela envorcada, ambos equipos protagonizaban un partido de ida e volta que acabou rendibilizando mellor o equipo de Dani Rodríguez. Solano ampliou a vantaxe (2-0) e no tramo final Chino e Buendía marcaron o 3-0 e 4-0 respectivamente. Con este marcador chegouse ao descanso e na continuación aínda que o Burela Pescados Rubén perseguiu apurar as súas opcións co gol de Behroz (4-1), minuto 24, os andaluces cortaron calquera atisbo de reacción co 5-1 de Eloy Rojas. Na recta final, Iago Míguez logrou o 5-2 definitivo que deixa aos mariñaos sen Play Off polo título.
Ficha técnica
Jaén Paraíso Interior: Gonzalo, Fabián, José López, Cuco, Solano –cinco inicial- Borja Blanco, Dani Martín, Eloy Rojas, Buendía, Chino.
Burela FS Pescados Rubén: Alex, Iago Míguez, Antoñito, Chano, Helder –cinco inicial- Behroz, Miguel.
Goles: 1-0, m.10, Buendía; 2-0, m.16, Solano; 3-0, m.18, Chino; 4-0, m.19, Buendía; 4-1, m.24, Behroz; 5-1, m.28, Eloy Rojas; 5-2, m.37, Iago Míguez.
Árbitros: Bernabeu Haro, Sánchez Ayala.
Incidencias: Partido correspondente á xornada 27 da Primeira División da Lnfs, disputado no pavillón de La Salobreja de Jaén. Aforo completo.
*Fotografía: Pedro Chaves. Jaén Paraíso Interior
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
