O Burela Pescados Rubén cae derrotado na pista do Aspil Ribeira Navarra (3-0) nun partido moi igualado que se decidiu na recta final.
O duelo entre navarros e galegos comezou cun alto ritmo e durante os primeiros compases os locais estaban mellor ante un Burela Peixes Rubén que co paso dos minutos foise asentando, sobre todo despois do tempo morto solicitado por Juanlu. A igualdade foi a nota predominante e a actuación de Molina e Alex evitaba que se modificase o marcador ata que o Aspil logrou abrir o marcador nunha gran volea de Andresito que coa súa zurda marcou o 1-0, minuto 18, e puido aumentar a renda pero Alex detivo o doblepenalti.
Co 1-0 chegouse ao descanso e na continuación o choque alternou fases de xogo posicional con momentos de partido máis abertos no que se intercambiaron oportunidades pero o saldo mantívose favorable para os navarros. A sete para o desenlace chegou a expulsión de Behroz, dobre amarela, que deixou aos mariñanos en inferioridad numérica perfectamente aproveitada polos navarros que rápidamente marcaron o 2-0 por mediación de Roger. O Burela Pescados Rubén buscou recortar distancias coa opción de porteiro xogador pero na primeira acción unha imprecisión laranxa propiciou o 3-0 logrado por Palmas desde propia pista. O terceiro tanto deixou sentenciado un partido igualado que se definiu polo maior acerto local aínda que o Burela loitou ata o final e puido marcar en dúas claras ocasións de Anxo que o pau e Molina evitaron.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
