Lourenzá, 16 de abril de 2015. O Concello convoca un concurso para elixir á Madalena deste 2015, unha das protagonistas do desfile do maio. A concelleira de Cultura, Lupe Flórez, dixo que “a mellor forma de manter viva unha tradición é involucrar ás rapazas desde a súa infancia para que se impliquen na mesma”. As mozas de 10 a 17 anos, de Lourenzá, teñen ata o 27 de abril para anotarse e participar no sorteo que haberá o día 28 e do que sairá elixida a Madalena.
A edil popular explicou que “desde o Concello de Lourenzá, por segundo ano consecutivo, vimos de convocar un concurso para que as rapazas entre 10 e 17 anos do noso concello poidan converterse en protagonistas do desfile do maio, que cada 1º de maio se celebra en Lourenzá. Trátase dunha tradición popular que queremos manter viva e pensamos que a mellor forma de facelo é involucrar ás rapazas desde a súa infancia para que vivan esta tradición laurentina e se impliquen na mesma”.
Lupez Flórez dixo que “as rapazas de 10 a 17 anos que queiran participar poden anotarse na Biblioteca de Lourenzá en horario de cinco a oito da tarde, ata o 27 de abril, que é luns. Terán que ir acompañadas dun adulto para firmar a pertinente autorización para participar no concurso. Despois o día 28 de abril haberá un sorteo entre todas as anotadas, na Biblioteca, ás 18.30 horas do que resultará elixida a persoa que representará este ano á tradicional figura da Madalena, que é aquela rapaza engalanada alegoricamente de primavera, que subida a un carro tamén adornado, acompaña á tradicional figura do maio que desfile polas rúas da nosa vila durante a tarde do primeiro de maio”.
E engadiu: “nesta ocasión queremos agradecer a cesión altruísta que, da imaxe que acompaña ao cartel da Madalena nesta edición, nos fixo o fotógrafo local Fabián Reino. É unha dixitografía que forma parte da súa obra, parte da cal se pode ver na actualidade no Pazo de Tovar”.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



