Carlos Neira.- ELECCIÓNS XERAIS EN ESPAÑA. ESTIMACIÓN DE VOTO PARA O CONGRESO DOS DEPUTADOS
En abril asistimos a fortes cambios na estimación de voto. A elevada volatilidade continúa definindo o panorama electoral, e a iso súmase o resultado das autonómicas andaluzas induciu variacións adicionais significativas no escenario estatal.
O PP mantén a primeira posición en voto e en escanos, anque perde algo máis de medio punto desde marzo. Este retroceso modesto implica que o voto gañado por Ciudadanos procede de antigos votantes do PP, que nos últimos meses estaban situados na abstención. Malia á caída en voto o PP mellora lixeiramente as súas expectativas en número de escanos.
Podemos acelera o seu descenso, perdendo 4 puntos nun mes, o que significa un de cada 6 votos dos estimados hai agora un mes, e a metade do voto gañado desde o verán. O comportamento negativa lévao a un empate técnico co PSOE e, de non variar a tendencia perdería a segunda posición en favor do PSOE antes das municipais do 24 de maio.
O PSOE perde case un punto pero mantense no intervalo 20-22 que ocupa desde as europeas do ano pasado, o que lle serve para competir directa con Podemos polo liderado da alternativa ao PP. Como aconteceu co resultado electoral en Andalucía a súa porcentaxe de voto en todo o Estado mantense estable.
Ciudadanos continúa a súa intensa tendencia ascendente, anque o seu ritmo de crecemento na última quincena xa é menor que a comezas de marzo. Con todo, sitúase aínda en niveis inferiores a aqueles que lle outorgaron as últimas enquisas dos medios de PRISA, que debuxaban un inexistente empate a catro bandas.
Esquerda Unida experimenta unha caída leve pero que evidencia enormes dificultades para competir no espazo electoral que lle era propio, e non tira proveito da caída de Podemos. Os hipotéticos efectos beneficiosos da designación de Alberto Garzón parecen estar compensados polas loitas internas da federación madrileña.
É UPyD a forza máis prexudicada no último mes, en paralelo ao crecemento de Ciudadanos, xa que perde case a metade do voto estimado en marzo, xa entón o mínimo da lexislatura. A única acta de deputada que obtería Rosa Díez por Madrid é un final simbólico para UPyD. O 2% de voto certifica de facto a súa defunción como forza política competitiva.
En Catalunya CiU mantense e Esquerra sobre e recurta lixeiramente a distancia, pero o avanzo de Ciudadanos ocasiona que ambos poidan perder un escano en relación ao estimado no mes de marzo.
En Euskadi as forzas nacionalistas avanzan unha décima e melloran tamén a súa previsión de escanos, debido ao retroceso de todas as forzas estatais e a feble implantación de Ciudadanos.
Algo semellante acontece en Canarias coa hipotética coalición entre Coalición Canaria e Nueva Canarias para as eleccións xerais. Anque manteñen o voto poden mellorar en escanos ante a evolución negativa dos seus rivais nas illas.
O BNG en Galicia, a pesar de aumentar as probabilidades dun segundo escano en virtude do retroceso dos seus competidores directos (IU/AGE e Podemos) segue movéndose no fío da perda de representación no Congreso.
Na Comunidade Valenciana o voto a Compromís mantense igual que en marzo.
A única combinación a dúas bandas que outorga a maioría absoluta no Congreso segue a ser a Gran Coalición PP+PSOE.
Carlos Neira Cortizas




















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



