Foz, 6 de abril de 2015.- Afluencia de público á XII Ruta das Tapas de Foz, que se celebrou do 2 ao 4 de abril en 18 locais hostaleiros da vila, organizada por ACIA/CCA Foz.
Un xurado especializado visitou os establecementos, probou as tapas e elixiu as gañadoras desta cita gastronómica. A tapa de O Muelle Bar “Niguiri de tartar de sargo con ajetes tiernos” foi a gañadora desta edición. O segundo posto foi para “Gelée de albariño sostendo unha salsa de marisco e algas con pescada, rematada con triscante de gambas” de cafetería pastelería Anduriña. E o terceiro lugar foi para “Bacalao confitado en crema de pimentón y su pil pil” de Fraggle Rock Café.
E o público elixiu coma mellor tapa a través da APP Foz de Perlas o “Desayuno montañés” de Bar 78.
Os premios aos gañadores da XII Ruta das Tapas de Foz serán entregados o vindeiro 309 de abril no transcurso da 27/1 Cea Anual de ACIA/CCA, que terá lugar no restaurante Xoiña.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



