Mondoñedo, 15 de abril de 2015.- O Partido Popular dá a coñecer hoxe o nome das persoas que integran a candidatura coa que concorrerán nos próximos comicios municipais de maio para acadar a alcaldía en Mondoñedo.
A número un da candidatura, Elena Candia, explicou que se trata dunha lista “renovada”, con seis novas persoas que non participaron en candidaturas pasadas, e integrada por xente “moi cercana e accesible”, que teñen “ilusión e buscan unir a todos os mindonienses, cun obxectivo común, traballar por Mondoñedo”.
Unión
Candia explica que na lista dos populares mindonienses, formada por 17 persoas (oito mulleres e nove homes), están “representados todos os sectores da localidade”, o que, segundo a número un da lista “permite coñecer mellor e de primeira man as necesidades e demandas de todos e cada un deles”. “Unha lista faise pensando en cubrir todas as necesidades. Queremos unir esforzos, buscar a unión de todos os mindonienses, xa que o que nos une a todos é iso, Mondoñedo”
Proxecto sólido, serio e ilusionante
Por último, Candia tamén quixo matizar que a candidatura mindoniense conta “cun proxecto sólido, serio e ilusionante para a localidade, no que se ten moi claro o que queremos para o municipio, que é sacalo cara adiante. Para o Partido Popular gobernar Mondoñedo é unha gran oportunidade polos recursos e posibilidades que ofrece”
“Ata agora houbo un goberno de perdedores que pasará a historia pola despreocupación constante que amosaron durante estes anos ante os problemas dos veciños e as necesidades da localidade”, conclúe.
Candidatura
1.- Mª Elena Candia López
2.- Manuel Ángel Otero Legide
3.- María de los Ángeles Rodríguez Rico
4.- José Otero Rejes
5.- Manuel Tapia Rivera
6.- Alberto García Fernández
7.- Beatriz Meilán Rego
8.- Sabina del Pilar Allande Menéndez
9.- José Ramón Díaz Barreira
10.- Pablo Redondas Losada
11.- Aida Basanta Basanta
Suplentes
12.- María Milagros Martínez Rivas
13.- Luís Otero Pena
14.- Sonia Fernández Cillero
15.- Luciano Javier Folgueiro Lorigados
16.- Manuel Pardo Bello
17.- María Rosa Díaz Pérez