O Partido Popular de Viveiro manterá este venres 17 de abril, a partir das cinco da tarde na sede local, unha nova reunión co Comité de Empresa de VESTAS para seguir avanzando na resolucíón da súa actual situación.
Asistirá á reunión o deputado autonómico José Manuel Balseiro, xunto co presidente local Antonio Bouza e outros dirixentes do Partido.