O PÁRAMO/OUROL 10 DE ABRIL DE 2015.- Os socialistas, a petición dos alcaldables de O Páramo e Ourol –Pablo Armesto e José Luis Pajón- defenderán no Parlamento de Galicia as peticións dos veciños destes municipios relativas á atención sanitaria dos respectivos centros de saúde. Así o confirman os deputados autonómicos –Concepción Burgo e José Ramón Val-, que veñen de rexistrar distintas iniciativas na Cámara galega co fin de que, no primeiro caso, se repoña de inmediato o servizo de Atención Primaria, agora reducido á metade, e que sexa atendido por dous facultativos. No caso do municipio mariñano, as peticións dos deputados van dirixidas a esixir ao Goberno galego que cubra a praza de médico vacante.
“Seremos a voz deles. A Xunta de Galicia está levando a cabo unha política extremadamente perigosa de recortes de servizos básico no medio rural. Desta maneira non é posible fixar poboación, o que demostra que todas as declaracións do presidente Feijóo, afirmando que ten unha política de apoio ao medio rural e de loita contra a caída demográfica é unha falsidade, xa que para conseguir estes obxectivos, a primeira medida a tomar é que haxa uns servizos básicos suficientes”, afirma Burgo, quen participou na manifestación convocada este venres no municipio paramés por esta causa.
Casuísticas concretas
Concretamente, o concello de O Páramo contaba con dúas médicas de plantilla pero, aproveitando a baixa temporal dunha delas, o SERGAS eliminou unha, unindo así a cota que quedaba sen facultativa á da outra médica e concedendo tan só un substituto dous días á semana. Un ano despois, a situación empeorou aínda máis, dado que, neste momento, só está atendendo a poboación unha profesional substituta e outro facultativo que vai un día á semana e que sempre é novo. Isto provoca que, na actualidade, tan só unha médica e un enfermeiro se vexan obrigados a facerse cargo da consulta diaria das dúas cotas, das urxencias e de todas as visitas a domicilio; “unha carga claramente excesiva, cando estamos a falar dunha poboación avellentada, dispersa e con doenzas crónicas e moitas persoas enfermas encamadas”, especificou a deputada esta mañá durante a marcha que se inicio diante do ambulatorio e rematou na farmacia la localidade.
No caso de Ourol, tal e como explica Val, ata hai poucos días viñan prestando atención médica dous facultativos. Logo do concurso de traslados, un deles que, casualmente é o alcalde, obtivo a praza no concello de Vilalba, no que reside a diario. Esta cambio é o causante de que arestora o centro mariñano conte tan só cun único profesional.
“Esta situación está xerando incerteza e deficiencias á hora de atender aos doentes, pois loxicamente o servizo non é o mesmo con tan só un médico que, en ocasións, tamén ten que acudir a urxencias, deixando completamente desatendido o propio centro sanitario. Nin a crise, nin o aforro, nin a austeridade poden servir como escusa para deixar sen un servizo público básico a preto de 1.200 cidadáns”, afirma Val.
Consecuencias dor recortes do PP
E é que, mentres para o Goberno de Feijóo a contratación por un día a semana dun profesional para cubrir esta vacante parece ser suficiente, para os socialistas a falla de facultativos neste centros de saúde, non é máis que outra consecuencia dos continuos recortes do Partido Popular.
En definitiva, o que está a pasar en O Páramo e Ourol, así como noutros concellos da provincia e dos que os socialistas tamén trasladaron as súas demandas á Xunta na Cámara galega, como é o caso de Pobra de Brollón, Cospeito, Riotorto ou Mondoñedo, é consecuencia “da política redutora da Xunta”, plasmada tamén no anuncio de reducir médicos nos concellos de menos de 2.000 habitantes. Trátase esta dunha medida que, de levarse a cabo, afectaría a un total de 24 municipios, é dicir, a 32.765 habitantes.
Precisamente, neste recorte, ademais destes concellos, outras localidades nas que se eliminarían profesionais na provincia de Lugo son as seguintes: Baleira, Bóveda, Cervantes, Folgoso do Courel, O Incio, Meira, Muras, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Pol, Portomarín, Rábade, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín, Samos, Trabada, Triacastela e O Vicedo.





















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



