Continúa a festa da arte na Mariña. Por segundo ano a asociación Tá en Artes únese a Semana das Artes da Mariña baixo o lema QUEREMOS ARTE. Este ano a proposta é da asociación Tá en Artes consiste en obradoiros de plástica para todas as edades segundo a proposta da ilustradora mariñá LUCIA VILA. A cita é o próximo sábado 18 diante do CENIMA en Foz, ás 12.00 horas. A actividade é gratuíta. As prazas son limitadas. Inscricións no correo electrónico: taenartes@gmail.com ou no teléfono: 620 560 995.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



