“Vella escola” é o título da fotografía gañadora da modalidade adulta da IV edición do certame fotográfico “Enfocando Barreiros” que nesta ocasión levou por lema “Aprender no rural no obxectivo”. A instantánea, autoría de Francisco López, veciño de Viveiro, amosa unha toma da escola unitaria de Vilamartín Grande, a día de hoxe abandoada e sen uso. Por outra banda, o gañador da modalidade infantil foi Daniel Rego, veciño de Foz, cunha fotografía dunhas mans de persoa maior mostrando como se abren as vainas para obter as fabas.
Ollomao agradece a Xulio Villarino, José Reigosa, Xaime F. Ramallal, José María Pérez Rielo e Natalia Blanco Pérez, gañadora adulta da anterior edición, a súa participación como xurado neste certame. Os premios serán entregrados este domingo, 19 de abril a partir das 16.30 horas, nos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante, no marco das “Xornadas de Historia Local de Barreiros” que teñen a mesma temática: “Aprender no rural”.
Nesta cita, organizada coa finalidade de dar a coñecer a historia da educación e das escolas do concello barreirense, foi configurada unha mesa de participantes que traballan no campo do ensino, coa finalidade de mostrar como foi a educación no pasado na área rural e cómo é a día de hoxe naquelas aldeas onde aínda segue a darse clase nas escolas unitarias. Unha das persoas que tratarán en profundidade a historia local do ensino no rural é Antón Costa Rico, Catedrático de Historia da Educación na Universidade de Santiago de Compostela e que tén abondado no estudo da vinculación entre educación e ruralidade. Ademais, convén destacar, que foi alumno nos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante na súa etapa como alumno de escola primaria.
Aproveitando a ocasión, Ollomao convoca tamén a todas as persoas participantes na II edición da Universidade Rural de Barreiros para facer entrega dos diplomas acreditativos do seu paso por esta iniciativa, e darase a coñecer a III edición, planificada para a volta do verán.
Esta cita, o domingo 19 de abril ás 16.30 horas, está aberta a todas as persoas interesadas en participar.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



