Como a luz da Vía Láctea alumea e orienta polos camiños do Ceo, as rutas composteláns son guía e fitos luminosos, para chegar ó esclarecemento de ambos puntos da nosa historia. San Martiño non estivo fora da órbita das romerías xacobeas, nen sustraído ás súas influencias. Aínda que os que da igrexia escribiron o silenciaran, é un feito que así é calificada a antiquísima tradición, en documentos do S. XVI – houbo aquí, baixo a advocación de San Sebastián- hospedería ou Hospital, no que facían mansión os peregrinos que de afastadas terras a Galicia viñan Que non eran poucos o da a coñecer o sorprender a morte a bó número de alemán, franceses, ingleses.Era natural que así fora, sobre todo nos primeiros séculos( IX, X, XI) da Reconquista que coinciden coa época de maior grandeza da igrexa catedralicia. Inseguras as terras do sur, do nacente reino astur-leonés, polas frecuentes excursións da morisma, a ruta norte astur-galaica era a menos exposta por estar mais a cuberto das correrías musulmáns….
A Asociación Abrindo Camiño, de ámbito comarcal, que dende Mondoñedo coordina Luis Ansedes, leva anos traballando a prol de que a Xunta recoñeza oficialmente como alternativa ó Camiño, a variante que, pola beiramar,leva de Ribadeo a esa xoia cultural que é San Martiño. Sen dúbida o acceso ó mesmo ven a engadir un atractivo de primeiro orde ó que é o Camiño Norte, á espera da nominación de Patrimonio da Humanidade. De contado vai celebrarse unha xuntanza entre membros de Abrindo Camiño e outras persoas e representacións, presidida pola Directora.Xeral de Patrimonio, co fin de avanzar neste sentido. San Martiño, onde amais do vello cenobio, coa bagaxe da historia e singular arquitectura – “exemplar único do pre-románico galego”—pode ollarse, mesmo ó seu carón, o Espazo Caritel, o Xardín Botánico de Caxigueiro, de mis de 3.500 m2, rebosante de variada e multicor flora, na que sobresae o mais dun cento de camelias, pretiño do obradoiro do que saen as pezas únicas que realiza o prestixoso mestre . Daniel Caxigueiro, naturista, escultor e poeta, pon o contrapunto de vital humanidade naquel engaiolante museo inanimidado…
Suso Fernández




















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



