Sae o sol e os santos a rua, e de supeto atacan os nervios aos políticos. Non queda ninguén nos despachos; alcaldes, concelleiros e outras herbas da especie política bruxulean de cofradías a inauguraciones buscando a foto definitiva que lles fará gañar as eleccións. Cada entrevista prepárase con esmero e un equipo de asesores que alentan ao candidato-a, danlle palmadiñas de ánimo -ti es grande, ti podes, ti gañas-, antes de saír ás ondas que levarán as súas palabras ata os presuntos electores. Que pasará. Hai que traballar duro, prometer e prometer, xa o dixo Donega por a voca de D. Adolfo, -Podo prometer e prometo-, aínda que el talvez podía, outros prometen sabendo que non poden nin deben. É no que derivou nosa sopa de allo na democracia.
Sen perda de tempo e ante os pronósticos do trompazo electoral, o todopoderoso Partido Popular acaba de aprobar a Lei Mordaza que pon fin a unha era histórica de liberdades cidadás estreadas ao saír da macabra ditadura; aproba un novo Código Penal que retoma a cadea perpetua condeada polos dereitos humanos. Poucos días antes, o ministro Wert expulsa aos estudantes das aulas universitarias coa súa receita de tres cursos caros máis dous cursos carísimos e inaccesibles para os mozos maltratados pola crise. Da corrupción interna, esta vez, nin falamos.
Está claro que os candidatos dos partidos aspirantes estean dos nervios, o que non se entende é que o estean no PP, onde a pouco autoanálisis que fagan deberían ter claro que o seu destino final é o descalabro local como previo ao nacional, ou chegar á conclusión non menos alarmante de que están gobernando unha panda de borregos. A derívaa arrastrará alcaldes de os nosos pequenos concellos de A Mariña que pertencen a unha estirpe política distinta onde as satisfaccións son escasas. Como sempre pagarán xustos por pecadores. Amén.
Otero Regal.




















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



