Ribadeo, 20 de abril de 2015. O Concello puxo en coñecemento da Policía Local e da Garda Civil o timo cometido a pasada fin de semana nunha vivenda dunha parroquia próxima á vila. Unha parella acudiu á casa dunha muller a cobrar a contribución facéndose pasar por persoal municipal. O alcalde, Fernando Suárez, alerta á poboación sobre o acontecido e subliña que só hai dúas formas de pagar as taxas e impostos municipais: vía banco ou nas oficinas municipais.
O rexedor explicou que “tivemos coñecemento no mañá de hoxe dunha situación que todo apunta a que é un timo absoluto. E, precisamente por isto e grazas a esta información, queremos alertar a toda a poboación para que estea atenta. O caso foi que unha parella presentouse nunha casa nunha parroquia próxima á vila de Ribadeo e a unha señora maior que vivía soa dixéronlle que eran do Concello e que ían cobrar a contribución. A señora pagoulles o que lle dixeron en concepto de contribución, cando iso é absolutamente imposible porque o Concello non ten cobradores que vaian polas vivendas recadando ningún tipo de imposto ou de tributo”.
Suárez Barcia indicou que “os impostos ou os tributos municipais apróbanse polos correspondentes padróns e sempre os veciños teñen que pagalos vía domiciliación bancaria ou ben nas oficinas municipais, pero non existe ningunha posibilidade de cobro a domicilio de ningún tipo de tributo ou imposto municipal. Por iso calquera cousa que se saia disto que acabo de dicir supón a posibilidade auténtica dun fraude ou dun timo”.
O alcalde de Ribadeo contou que “a Policía Local e a Garda Civil están informadas disto e eu, como alcalde, quero advertir á poboación, tanto da vila como das parroquias, que se alguén se achega a cobrar calquera tipo de tributo ou imposto municipal que saiban que é absolutamente falso; e que, en todo caso, deben avisar ás autoridades, á Policía Local ou á Garda Civil, porque isto está supoñendo un timo en toda regra”.
E tivo palabras de agradecemento “para os familiares desta señora maior que vive soa, porque nos viñeron advertir para que isto non acabe afectando a máis xente do noso concello”.






















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



