Foz, 27 de abril de 2015.- Este mércores día 29 de abril ás oito e media da tarde, presentamos na Librería Bahía o libro Ás voltas coa diversidade cultural, tradución ao galego das conferencias do antropólogo Claude Levi-Strauss para a UNESCO, publicado por Edicións da Curuxa.
Participarán no acto o editor do libro e profesor da Universidade de Santiago de Compostela José M. Alvarez Castro e Mónica Pazos, profesora e vicepresidenta da Mesa pola a Normalización Lingüística.
Pequena biografía de José María Álvarez Castro
Son licenciado en Matemáticas e Bioloxía e realicei un doutorado en Bioloxía Evolutiva na USC. Tras contratos postdoctorais en Múnic (Alemaña) e Uppsala (Suecia), obtiven unha praza de profesor asociado na Universidade Sueca de Ciencias Agronómicas. Decidín, con todo, regresar a Galicia cun contrato de investigación de cinco anos, á fin do cal obtiven a praza de interino por vacante que agora ocupo na Facultade de Veterinaria da USC. Durante a miña carreira realicei estadías na Universidade da Habana, a Florida State University (Tallahassee, EUA), o Roslin Institute (Edimburgo, Escocia), a Universidade Estadual Paulista (Brasil) e o Instituto Gulbenkian de Ciência (Oeiras, Portugal). Realizo colaboracións trandisciplinares con investigador@s de ciencias sociais (pedagoxía, epistemoloxía e antropoloxía social). Son membro do Consello Cidadán Galego de Podemos.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



