Santiago de Compostela 22 de abril de 2015-. A plataforma cidadá Queremos Galego, presentou este mércores aos medios de comunicación os actos que terán lugar en diferentes cidades galegas o 17 de maio ás 12.00 horas, e xa confirmados na Coruña, Ferrol, Foz, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo e sobre os que se irán dando máis datos a través da web www.queremosgalego.org e as redes sociais. A convocatoria terá lugar baixo o lema Galego, garantía de futuro, porque, segundo indicou Marcos Maceira, portavoz da plataforma cidadá, a existencia e a normalidade da lingua galega é a garantía da existencia e do futuro do pobo galego, lembrando que ningún pobo pode aspirar ao progreso e ao avance social de costas á súa lingua.
Para os representantes de Queremos Galego, o actual goberno da Xunta actúa irresponsabelmente en relación ao noso idioma, lexislando contra el por primeira vez na historia, reducindo a súa presenza no ensino e o prohibíndoo para as matemáticas, a física, a química e a tecnoloxía, e ademais, segundo indicou Maceira, “por acción ou omisión, a Xunta néganos a posibilidade elemental de recibirmos, ou mesmo de optarmos polo galego no audiovisual, na dobraxe, no lexendado de filmes e series, nos servizos de atención telefónica, na etiquetaxe, na educación infantil, na formación profesional a distancia ou na formación de adultos, na administración electrónica, na xustiza ou na saúde, nos xoguetes e xogos infantís e xuvenís, entre outros”.
“Despois da masiva manifestación do 8 de febreiro, a única resposta que obtivo a sociedade galega foi un anuncio propagandístico, con máis nome que conteúdo”, en referencia ao Documento estrutural básico de dinamización da lingua galega no tecido económico, anunciado onte polo goberno galego e que malia as reiteradas solicitudes de envío por parte do portavoz de Queremos Galego á Secretaria Xeral de Política Lingüísitica, tivo que obter case clandestinamente, segundo afirmou.
Para Queremos Galego, “a lingua galega non precisa propaganda. Precisa accións concretas a favor dela, aprobadas unanimemente hai 10 anos no Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, que non só está sen activar senón que ademais toda a acción de goberno nos últimos 6 anos foi na súa contra”. Para o portavoz da plataforma Queremos Galego e presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, “dá a sensación de que é un anuncio máis para rebaixar na práctica o conteúdo do xa acordado por unanimidade en 2014, algo que non consentiremos”.
“Se o goberno galego realmente quixese comezar a traballar a favor do galego, comezaría por derrogar o decretazo do ensino, e deixaría de proscribir o termo “normalización” como está a facer, malia ser o termo empregado polo Estatuto, a Lei de Normalización Lingüística e o PXNLG. Faino porque é un termo indicativo da vontade de actuar para que a lingua propia de Galiza teña unha desenvolvemento plenamente normal”, engadíu.
Queremos Galego fixo , por último un chamado ao conxunto da sociedade a mobilizarse o 17 de maio, mais tamén nos días previos e a partir desa data. O pobo galego ten que ser o protagonista da reposición e normalización do seu idioma en todos os espazos e lugares e para todos os usos, activándose os 365 días dos ano.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



